As orixes que non se esquecen.
O outro día preguntámosvos cales eran as vosas palabras galegas favoritas,
aquelas que non só eran bonitas para vos, senón que eran palabras que vos lembraban a
unha etapa ou quizá a algunha persoa especial
Houbo palabras moi diferentes como: morriña, saudade, morriña, aloumiño, brétema,
néboa, axóuxere, agarimo, luscofusco, a modiño, rabarusa, rabudo, parvo,
maloserá… pero todas elas tiñan algo en común, todas eran palabras utilizadas con
frecuencia con independencia do lugar. Si, da igual que fora en Galicia ou non,
hai palabras que non entenden de lingua,
van voa persoa e co que somos. Sabedes de qué falo?
Falo desas palabras cun galego non pode deixar de dicir, que non teñen
tradución noutro idioma e que preferimos explicar o seu significado antes de
buscar a calquera outra similar. Definen o noso ser, a nosa maxia. Desas palabras
que levamos no corazón que son parte de nos, que usamos para expresar cariño,
ou sacalo demo que levamos dentro. Quén non escoitou “arre demo” e empezou a
correr?
Non importa se estamos en Galicia, o que importa e expresar os nosos sentimentos. Porque quen é galego, nunca deixa de selo. As orixes non se esquecen.